Día das Letras Galegas e Día Internacional dos Museos

Roberto Vidal BolañoA Fundación súmase un ano máis á celebración do Día das Letras Galegas -venres 17 de maio- e do Día Internacional dos Museos -sábado 18-. Entre as actividades programadas -todas elas gratuítas e abertas a tódolos públicos- figuran visitas guiadas, un taller de teatro de sombras para gozalo en familia, un roteiro literario pola parroquia de Iria, así como a entrega de premios do II Concurso de Microrrelatos.

 

Durante estes dous días a Fundación permanecerá aberta de 10:00 a 14:00 h e poderá visitarse de xeito gratuíto. Ademáis aplicarase un desconto a tódolos produtos á venda na tenda do museo.

O venres, ás 12:00 h ofrecemos ao público familiar un taller de teatro de sombras. Este “agasallo de sombras” é o noso recordo a Roberto Vidal Bolaño, autor teatral compostelano a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. A actividade está dirixida a nenas e nenos menores de 12 anos acompañados dun adulto.

Ese mesmo día arranca ás 11:30 o roteiro literario “Paisaxes familiares” que percorre a parroquia de Iria Flavia. O itinerario invita a visitar alguns dos espacios vitais e creativos de Camilo José Cela ilustrados coa lectura de breves fragmentos das súas obras.

Ao día seguinte, sábado 18, celebrarase a entrega de premios da II edición do Concurso de Microrrelatos Fundación Pública Gallega Camilo José Cela. O acto comeza á 13:30 h no Centro Comercial Compostela. Se queres ler os microrrelatos gañadores, podes facelo aquí.

¡Agardámoste!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s