A Ría de Vigo en imaxes

Ria_VigoA sala de exposicións temporais da Fundación acolle este verán unha nova mostra “A Ría de Vigo en imaxes”, organizada xunto o Concello de Padrón e en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A exposición recolle fotografías da Ría de Vigo realizadas polo artista padronés Germán Cruces Rajoán xunto a diversas referencias de Camilo José Cela e os seus vínculos coa cidade olívica. A mostra poderase visitar ata o 31 de agosto, de luns a venres, de 10:00 a 21:00 h. 

Os visitantes que se achegen a Iria Flavia poderán contemplar 38 imaxes en cor e branco e negro tomadas polo fotógrafo Germán Cruces Rajoán ó longo da Ría de Vigo, entre Cabo Home (Cangas) e Cabo Silleiro (Baiona). Nelas o bautizado como “fotógrafo da auga” ofrece unha mirada caracterizadora da paisaxe marítima viguesa diúrna e nocturna. Estas obras constitúen unha selección das 278 fotografías do artista recollidas no libro A Ría de Vigo en Fotografías, editado pola Deputación de Pontevedra no ano 2011.

Xunto coa escolma de imaxes expóñense diversas referencias documentais e gráficas de Camilo José Cela e os seus vínculos coa Ría de Vigo. Entre elas destacan os manuscritos das súas memorias ou fotografías con escritores e intelectuais na cidade viguesa, ademais de edicións e revistas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s