Programación escolar 2013-2014

Programa_eduUn ano máis a Fundación Pública Galega presenta a súa programación educativa dirixida á comunidade escolar. A proposta inclúe exposicións temporais, visitas temáticas, obradoiros, concursos e outras actividades que teñen como punto de partida da figura do escritor, prestando especial interese á reflexión sobre a linguaxe e a creación literaria, sen esquece-las súas relación coas outras áreas do currículo escolar.

Nesta liña proxéctanse tres exposicións temporais que afondarán no labor da Real Academia Española ó longo dos seus 300 anos de vida, na obra máis universal de Juan Ramón Jiménez –Platero y yo– e na historia do Premio Nobel. Relacionadas con elas, ofértase un selecto abano de actividades como obradoiros e visitas dinamizadas.

Ó mesmo tempo, continúa o labor de difusión da figura do escritor nos centro educativos a través do proxecto “Camiliño Josesiño vai á escola”; do seu legado e o seu museo, por medio do programa “Letreseo”; e do fomento da creación literaria e a lectura, coa convocatoria de concursos específicos.

Para máis información consulta a nosa programación escolar. Tódalas actividades do programa son gratuitas e precísase facer reserva previa ben vía telefónica  (981812425) ou ben vía e-mail (visitas@fundacioncela.com)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s