Pílulas dende a terceira idade

PildorasA Fundación en colaboración coas Aulas da Terceira Idade do Concello de Padrón pon en marcha o programa “Pílulas desde a terceira idade” co fin de enriquecer-la vida cultural dos maiores a través de actividades relacionadas con dúas afeccións que Camilo José Cela compartía con moitas outras persoas: a lectura e as viaxes. 

Entre xaneiro e maio de 2014, os primeiros luns de cada mes, os participantes na actividade “Valixas viaxeiras” poderán visitar distintos lugares do planeta a través de proxeccións de cinema e poñer en común a súas inquedanzas e experiencias. Os derradeiros mércores de cada mes será o turno do clube de lectura “Anagnose”, un espazo no que compartir impresións e opinión sobre libros clásicos e contemporáneos. Para máis información, descarga o folleto.

“Pílulas desde a terceira idade” é o título dunha serie de colaboracións xornalísticas de Camilo José Cela. Na primeira delas o mesmo escritor acláranos: “A partires dos sesenta anos é a terceira idade. Dío a xente. E creo que esa terceira idade hai que tomala con autocachondeo. Se non, está un perdido. Agora ben, eu non me considero nin na terceira idade nin na segunda. Eu considérome na infancia.” “As pílulas -segue o escritor- serán pequenos anacos literarios que comentarán no sei se a actualidade ou a eternidade.”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s