Platero

plateroA Fundación súmase ós actos de conmemoración do centenario da obra Platero y yo, de Juan Ramón Jiménez, coa organización dunha exposición temporal dedicada a este clásico da literatura española que permanecerá aberta ó público na sé de Iria ata o 20 de abril.

Na mostra pódense contemplar 45 ilustracións realizadas por Idígoras e Pachi para a edición da obra realizada por Grupo Editorial 33 no 2008, xunto cunha vintena de libros, documentos e manuscritos relacionados coa figura de Juan Ramón Jimenez e coa obra poética do Nobel padronés.

A exposición compleméntase cunha programación dirixida á comunidade educativa -desde Infantil ata Bacharelato- que ten como obxectivo achegar ós escolares a poesía como xénero literario. Así, ademais da visita guiada gratuita, os centros escolares que o desexen poderán participar nos obradoiros didácticos “Ó meu burro” -Infantil y 1º ciclo de Primaria- no que os alumnos xogarán coas mascotas dalgúns escritores e crearán as súas mesmas e “Vexo poesía” -tódolos públicos- e no que crearán as súas poesías visuais.

Para máis información sobre esta e outras actividades gratuitas da Fundación pódese consultar o blogue educativo http://camilinojosesino.blogspot.com.es ou contactar co Gabinete Didáctico da Fundación no teléfono 981 81 24 25 ou no mail visitas@fundacioncela.com.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s