Aula de poesía de posguerra José García Nieto

García Nieto foi quizais, o meu mellor amigo no campo da literatura. Eramos moi diferentes de carácter, é posible que  complementarios, e por iso estivemos tan unidos. Palabras de CJC á prensa, o día da morte de José García Nieto.

A amizade que uniu a Camilo José Cela e José García Nieto comezou nos anos corenta, cando ámbolos dous escritores frecuentaban o faladoiro literario do Café Gijón, e mantívose ó longo dos anos, tanto afectivamente  como a nivel profesional. O legado de José García Nieto que se conserva na Fundación inclúe obra editada, manuscritos, conferencias, artigos xornalísticos, así como diferentes premios e diplomas, incluíndo o premio Nacional de Literatura, en 1951 –pola súa obra Tregua– e 1957 –por Geografía es amor– e o Cervantes, concedido en 1996.

Este legado é o segundo en importancia despois do legado do premio Nobel padronés, xa que nel atópase, sen dúbida, unha das coleccións máis importantes de poesía española de posguerra.