Programación educativa para o curso 2016-2017

cjc_profesor

Presentámosvos a nova programación educativa que deseñamos para este curso que comeza: 2016-2017. Nela continuamos co achegamento da figura e da obra de Camilo José Cela á comunidade escolar, tanto aos alumnos como aos docentes, dende unha perspectiva lúdica e transversal.

Visitas dinamizadas, obradoiros, proxeccións, valixas didácticas…, toda unha amálgama de actividades para que os centros educativos teñan ao seu dispor toda a información precisa sobre un dos escritores máis destacados da Literatura española e galega da segunda metade do século XX.

Coma tódolos anos, as actividades incluídas na programación educativa son GRATUÍTAS e só cómpre reservar cita previa no teléfono 981-81.24.25 ou no enderezo electrónico visitas@fundacioncela.com.

Lembrámosvos que toda a información sobre esta programación educativa está ao voso dispor no noso blog educativo “Andanzas e desventuras de Camiliño Josesiño“.

V concurso de microrrelatos

Continuando cos actos programados para a conmemoración do Centenario do nacemento de Camilo José Cela, a Fundación convoca a V edición do seu concurso internacional de microrrelatos nas categorías de infantil, xuvenil e adultos. Esta edición presenta un carácter especial conmemorativo e por iso rendirase homenaxe ao libro de memorias infantís do escritor A rosa.

Portada

Esta V edición volve a contar co patrocinio de Ámbito Cultural de “El Corte Inglés” quen, por mor desta edición especial, amplía a dotación dos premios en cada categoría. Os traballos premiados serán publicados en edición dixital pola Fundación e o primeiro premio de cada categoría será obsequiado cunnha tableta dixital e unha tarxeta regalo de El Corte Inglés por valor de 300 €.

Todos os microrrelatos deberanse presentar a través da plataforma web do concurso e deberán comezar co arranque do libro de memorias infantís A rosa –na que o escritor narra as súas primeiras vivencias polas terras de Iria, Vilagarcía, A Coruña, Cangas,Tui e Vigo-: “Mi padre se llama como yo, y yo me llamo como mi hijo…”.

¡Animádevos a participar! Será a mellor homenaxe que poda rendirse ao premio Nobel galego.

http://microrrelatosfcjc.com/

 

Letreseo. Semana das letras no museo

Letreseo2015Aí ven o Letreseo, a semana na que celebramos o aniversario do nacemento de CJC, o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos.


Consulta aquí as actividades que temos programadas para eses días en colaboración co Concello de Padrón e a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Clausura do Club de Lectura “Anagnósis”

mar de librosEste venres, 8 de maio, ás 18:00 h.. terá lugar no paraninfo da Fundación a sesión de clausura do noso club de lectura organizado en colaboración co Concello de Padrón. O catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade da Coruña, José María Paz Gago, disertará sobre a relación entre a literatura e o cine. O acto está aberto a todos os públicos e a entrada é gratuíta.

Amo a palabra

CervantesHoxe inauguramos unha nova exposición temporal conmemorativa do XX aniversario da concesión do premio Cervantes a Camilo José Cela. Titulada “Amo a palabra”, repasa a traxectoria dos 38 galardoados con este premio dende a súa primeira edición en 1976. Todos eles teñen o seu espazo nesta mostra que pretende ser unha homenaxe a aquilo que os une: as letras e a palabra. Seguir lendo

Convocado o Concurso de Microrrelatos

IVconcursoNo ano previo ao centenario do nacemento de Camilo José Cela, a Fundación convoca o seu IV Concurso de Microrrelatos. Nesta nova edición, a institución quere render homenaxe a unha das obras máis populares do escritor padronés, Viaje a la Alcarria, polo que tódolos microrrelatos deberán comezar co arranque do libro: “El viajero está echado, boca arriba, sobre una chaise-longue forrada de cretona…”.

Para consultar as bases e participar, visita a web do concurso  www.microrrelatosfcjc.com.

Xornada de portas abertas para o profesorado

PuertasO día 24 de outubro, a partires das 17:00 h, terá lugar na sé da Fundación unha xornada de portas abertas para o profesorado e monitores de tempo libre na que se presentará a programación educativa para este curso 2014/2015. Nela os docentes coñecerán de primeira man as nosas visitas dinamizadas e obradoiros, así coma outras actividades dirixidas ó público escolar.

Tamén se presentará o libro multimedia elaborado en colaboración coa Fundación Barrié “Camilo José Cela Trulock: un creador total”. Con esta unidade interactiva -que se enmarca dentro da colección “Más libros, más libres” de Educabarrié e que inclúe recursos específicos para a análise do escritor e dalgunas das súas principais obras- ámbalas dúas entidades pretenden afondar na figura do premio Nobel fomentando o emprego das TIC na aula.

Ese mesmo día inaugurarase a primeira exposición temporal do curso titulada “José García Nieto: Viaje a vela por mi sueño”. Con ela a Fundación súmase ás homenaxes polo centenario do nacemento do poeta, mostrando ó público diversas facetas do tamén premio Cervantes, mantendo coma fío condutor os famosos faladoiros do Café Gijón e sacando á luz parte do seu legado bibliográfico que se conserva en Iria e que foi doado á Fundación polo mesmo autor.

#UnNobelPara

NobelOnte 19 de outubro fixo 25 anos que lle comunicaron a Camilo José Cela que lle concederan o premio Nobel de Literatura. Para conmemorarlo e rendir homenaxe a todos aqueles grandes escritores que non acadaron nunca este galardón puxemos en marcha unha campaña en redes sociais que estará activa ata o 10 de decembro. Porque -en palabras do propio Camilo José Cela- “la candelita del acierto no siempre alumbra la cabeza del justo”, animámosvos a participar a través de Twitter e Facebook indicando o autor ó que lle darías o Nobel e empregando o hashtag #UnNobelPara. Nós xa temos candidato: Pío Baroja. E ti, ¿anímaste?

25 anos do premio Nobel

ConversacionesGZA Fundación presenta a súa programación especial para conmemorar o XXV aniversario da concesión do premio Nobel a Camilo José Cela. Os actos arrancan o 19 de outubro -data na que a Academia Sueca comunicou a concesión do premio Nobel ó escritor padronés- e remata o 10 de decembro -día no que recolleu o galardón en Estocolmo- inclúen campañas nas redes sociais, conferencias e concertos.

Seguir lendo