Arquivo

Este rico arquivo que se conserva na Fundación configúrase en dúas seccións. A primeira reúne o fondo documental do autor, conservando múltiples pegadas da súa vida e actividade creativa -mapas de viaxe, axendas persoais, folletos de exposicións, etc.- e que axudan a mostrar parte do proceso creativo dun dos autores máis relevantes da literatura española do século XX.

A segunda sección corresponde ó arquivo completo da revista de creación literaria Papeles de Son Armadans, fundada e dirixida polo mesmo Camilo José Cela durante máis de 20 anos en Palma de Mallorca (a revista editouse de 1956 a 1979), incluíndo o mesmo a colección de separatas dedicadas, tarxetas de suscritores e mesmo a colección de xilografías da revista.

Advertisements