Artes plásticas

O interese que Camilo José Cela mantivo durante toda a súa vida polas artes plásticas vese reflectido nesta valiosa colección composta por case 2.000 obras orixinais, onde destaca de xeito especial a obra pictórica de artistas como Picasso, Miró, Zabaleta, Laxeiro, Urbano Lugrís ou Úrculo entre outros, as do mesmo escritor -quen chegou a organizar exposicións dos seus óleos a finais dos 40- e doutros escritores como Lorca ou Alberti.

Obra gráfica –orixinal ou en matriz-, caricaturas, esculturas e artes decorativas con coleccións de cerámica, orfebrería, téxtiles e vidro, complementan este variado fondo de singular valor artístico.

Advertisements