Biblioteca

A completa biblioteca da Fundación é fiel testemuño do gran bibliófilo que foi Camilo José Cela. A súa paixón polos libros levouno a buscar durante toda a súa vida en librerías de lance a edición que dificilmente se podía atopar, o autor máis esquecido ou o exemplar de revista impreso nunca publicado.

Coleccións únicas como a de discursos e a de dicionarios da Real Academia Española, a de Quixotes con máis de 50 exemplares, primeiras edicións dedicadas polos seus autores, un fondo antigo do que o primeiro exemplar data do século XVI ou publicacións periódicas de temática variada, artellan unha grande biblioteca de case 100.000 exemplares.