Coleccionismo

O interese de Camilo José Cela por conservar todo tipo de obxectos cotiáns ou curiosos queda patente nas orixinais coleccións que se conservan na Fundación: botellas dedicadas por grandes personaxes da cultura como Picasso ou Hemingway, necrolóxicas insólitas, caixas de mistos ou de latón, cromos, billetes de lotería, selos, bitolas, moedas, que axudan a comprende-lo orixinal universo celiano que tanto asombra a uns e a outros.

Advertisements