Epistolario

Este conxunto de grande valor documental está formado por unhas 95.000 cartas cruzadas con 13.000 personalidades distintas. A súa singularidade radica en que se conservan  tanto as cartas recibidas por Camilo José Cela como copia das enviadas por el.

Consérvanse misivas con outros escritores galardoados co Premio Nobel como Gabriel García Márquez ou Vicente Aleixandre, autores da Xeración do 98 como Azorín ou Baroja, autores da Xeración do 27 como Rafael Alberti, Gerardo Diego, Jorge Guillén e Dámaso Alonso, por poñer exemplo, epistolario con Américo Castro, Max Aub, Francisco Ayala, María Zambrano e, en definitiva, múltiples personalidades da vida social, política e cultural da época reunidos nesta magnífica colección imprescindible para a investigación da cultura española de posguerra.