Fototeca e videoteca

Máis de 9.000 fotografías e diapositivas constitúen o arquivo fotográfico que se conserva na Fundación. Este material testemuña a intensa vida do escritor,  as súas múltiples viaxes -como aquelas que realizara á Alcarria ou ó Pirineo de Lérida, e que serviron para glosa-los seus libros de “andar e ver”- e dá fe dos principais acontecementos da súa traxectoria literaria e dos seus moitos encontros con personaxes relevantes da vida cultural e social española do século XX.

A videoteca está composta por numerosos documentais sobre a súa vida e sobre a súa obra, entrevista en televisión e reportaxes dos acontecementos que o acompañaron ó longo da súa traxectoria como escritor. Filmes de cinema baseados nas súas obras e outros documentos de variada temática terminan de configurar este completo fondo de excepcional valor.

Advertisements