Esta colección representa, sen dúbida, un caso excepcional na historia da literatura, ó estar reunidos, nunha mesma institución e baixo un mesmo teito, a maior parte dos manuscritos da obra dun autor.
A través das súas páxinas manuscritas pódese realiza-la xenética textual de cada unha das súas obras: a un primeiro manuscrito, cunha letra que co paso dos anos facíase máis diminuta pero sempre moi clara e lexible, segue unha primeira copia mecanografada na que o autor fai múltiples correccións, en moitos casos verdadeiros galimatías; suceden a esta copia moitas outras con máis correccións ata a versión final que tras todo este proceso creativo foi levada á imprenta.
Ademais dos manuscritos de Camilo José Cela, nesta colección pódense atopar manuscritos doutros autores como Pío Baroja, Federico García Lorca, Vicente Aleixandre, Dámaso Alonso ou Ramón Otero Pedrayo