Ademais do legado de Camilo José Cela e do legado de José García Nieto, outros autores doaron á Fundación o seu legado para que fose custodiado e conservado para a posteridade: o legado do escritor padronés Nicasio Pajares –doado pola súa filla María del Carmen Pajares Escolano-, o do tamén escritor José María Sánchez-Silva, o do pintor granadino Eduardo Correa, o legado damasoniano do que fora bibliógrafo de Cela, Fernando Huarte Morton e outros que completan os fondos da Fundación e compoñen un conxunto único no mundo.