Prensa

O arquivo de recortes de prensa é unha ferramenta moi útil para os investigadores e estudosos que queiran mergullarse na obra e vida do prolífico escritor. Este fondo configúrase en dous conxuntos diferenciados: por unha parte, o que reúne a obra publicada por Camilo José Cela en prensa e, por outra, as críticas ou alusións referidas a el. Cómpre destacar que os tomos correspondentes ós primeiros anos foron reunidos e ordenados polo mesmo autor, constando, en moitos casos, anotacións manuscritas de innegable valor.

Esta colección está composta por máis de 170.000 recortes desde a data de publicación dos seus primeiros textos ata o seu pasamento no ano 2002.