Liñas de actuación

Epistolario

Vocación fundamentalmente literaria: conservar e difundi-la obra literaria de CJC; converterse en lugar de encontro de escritores novos; promover todo tipo de iniciativas dirixidas a mellora-la consideración social dos escritores; xerar debates sobre o papel da literatura; servir de plataforma para difundi-la obra de creación de autores que escriban nas linguas españolas.

Aula de poesía José García Nieto: facilita-lo acceso ó legado da “Aula de poesía García Nieto” e difundi-la obra do mesmo a través de todo tipo de iniciativas culturais.

Liña plástica: organización de exposicións, talleres e actividades plásticas a partir da ampla pinacoteca coa que conta a Fundación.

Centro documental, España xaneiro de 1942-xaneiro 2002: facilita-lo acceso ó epistolario de CJC,  ó fondo documental e ó arquivo de prensa para descubrir novas claves do devir cultural español durante os 60 anos nos que CJC se dedicou ó oficio de escritor.

Promoción de Iria Flavia: Iria Flavia é a aldea natal do escritor; en 1996 a S.M. o Rei concedeulle o título de Marqués de Iria Flavia e desde 2002 está soterrado no cemiterio de Santa María de Adina nesta localidade cumprindo os seus expresos desexos, polo que a Fundación deberá promover todo tipo de actividades en favor da devandita aldea, o seu patrimonio histórico e os seus veciños.

Advertisements