Misión e obxectivos

Museo_interior

A Fundación ten por obxecto promove-lo estudo da obra de Camilo José Cela e conserva-lo seu patrimonio cultural, humano e mesmo anecdótico, procurando estende-lo coñecemento xeral da súa obra e patrimonio, así como de todas aquelas actividades dirixidas ó fomento da cultura.

 Para elo a Fundación:

  • Conservará o legado de CJC, fomentará o seu coñecemento e promoverá o seu estudo e a súa difusión.
  • Desenvolverá as súas actividades principalmente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que non se establece límite xeográfico ou político algún para a súa actuación.
  • Poderá realizar todo tipo de actividades referidas ó ámbito da cultura en xeral e ó literario e artístico en particular.

 Serán beneficiarios da Fundación as persoas físicas ou xurídicas interesadas en afondar no coñecemento da vida e a obra de Camilo José Cela, así coma o momento histórico e cultural que lle correspondeu vivir.

Advertisements