V concurso de microrrelatos

Continuando cos actos programados para a conmemoración do Centenario do nacemento de Camilo José Cela, a Fundación convoca a V edición do seu concurso internacional de microrrelatos nas categorías de infantil, xuvenil e adultos. Esta edición presenta un carácter especial conmemorativo e por iso rendirase homenaxe ao libro de memorias infantís do escritor A rosa.

Portada

Esta V edición volve a contar co patrocinio de Ámbito Cultural de “El Corte Inglés” quen, por mor desta edición especial, amplía a dotación dos premios en cada categoría. Os traballos premiados serán publicados en edición dixital pola Fundación e o primeiro premio de cada categoría será obsequiado cunnha tableta dixital e unha tarxeta regalo de El Corte Inglés por valor de 300 €.

Todos os microrrelatos deberanse presentar a través da plataforma web do concurso e deberán comezar co arranque do libro de memorias infantís A rosa –na que o escritor narra as súas primeiras vivencias polas terras de Iria, Vilagarcía, A Coruña, Cangas,Tui e Vigo-: “Mi padre se llama como yo, y yo me llamo como mi hijo…”.

¡Animádevos a participar! Será a mellor homenaxe que poda rendirse ao premio Nobel galego.

http://microrrelatosfcjc.com/

 

Advertisements

Programación cultural para o Centenario de Camilo José Cela

Hoxe o Presidente da Fundación, Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acompañado de Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, e Antonio Fernández Angueira, Alcalde de Padrón, presentou na Fundación os actos culturais que se celebrarán durante este ano 2016 no que que se conmemora o centenario do nacemento de Camilo José Cela.

Deixámosvos a programación para que a coñezades. É un pracer compartila convosco. E se tedes algunha dúbida, aquí estaremos para darvos toda a información que querades.

¡Arranca o Centenario! ¡Ven a celebralo connosco!

dossier CJC 2016 centenario dun Nobel

dossier CJC 2016 centenario dun Nobel

Horario especial para este Nadal

Este Nadal teremos un horario especial no Museo.Felicitacion_Navidad_2016

Abrieremos:

Os días 22, 23, 29 e 30 de decembro de 10 a 14 horas.

Os sábados 26 de decembro e 2 de xaneiro en horario habitual (de 10 a 14 e de 16 a 19 horas). Recordámosvos que os nosos Obradoiros de Nadal “Un Nadad moi animado” terán lugar estes sábados de 12 a 14 horas.

O Museo pechará o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro. Pechará tamén o día 5 de xanerio pola tarde.

¡Felices Festas a tod@s!

Obradoiros de Nadal na Fundación

¿Qué vas facer os sábados, 26 de decembro e 2 de xaneiro cos pequenos da casa? Plantexámosvos unha opción: ven á Fundación eses días, de 12.00 a 14.00 h. e imos ofrecervos “Un Nadal moi animado”. Para tódolos nenos de 6 a 12 anos vimos de preparar uns obradoiros de manualidades moi divertidas, co fin de celebrar con todos vos este Nadal. Só é preciso o acompañamento dun adulto e realiza-la inscrición por teléfono (981-81.24.25) ou por correo electrónico (visitas@fundacioncela.com).
¡Esperámosvos! ¡Feliz Nadal!

Cartel

EXPOSICIÓN “A COLMEA. HISTORIA DUNHAS PÁXINAS ZARANDEADAS”

Hoxe abrimos ao público unha nova exposición: ‘A colmea. Historia dunhas páxinas zarandeadas’, co gallo do 70 aniversario da súa primeira redacción.

Nesta mostra, que está organizada en colaboración coa Biblioteca Nacional de España e que se poderá visitar ata o 31 de decembro, aprécianse as distintas vicisitudes polas que pasou a novela dende a primeira versión de 1945 ata a súa redacción definitiva publicada en 1951 pola editorial Emecé de Bos Aires.

Xunto co manuscrito orixinal expóñense distintas páxinas da copia dixital do manuscrito do ano 1946, con anotacións da censura da época, edicións significativas, epistolario e un conxunto de ensaios e teses que analizan a aclamada novela, partindo da mesa de café sobre a que o autor redactaría a última versión desta obra mestra en 1948.

A estes materiais únese unha serie de achegas que completan o relato expositivo, como documentación sobre a recepción da novela na prensa, material relacionado coa expulsión de Cela da Asociación da Prensa de Madrid ou a magnífica adaptación cinematográfica realizada por Mario Camus en 1982.

Se es profesor e queres visitar esta exposición cos teus alumnos consulta a nosa programación educativa e visitas dinamizadas aquí http://camilinojosesino.blogspot.com.es/p/programacion-escolar.html (precisan reserva previa).

Mesa_La colmena

¡Preparando nova exposición!

¡E non paramos! Xa rematou a exposición “O pazo dos dicires escritos”, que tivo tanto éxito que ampliamos a súa duración durante todo o mes de setembro. Pero o noso espazo de exposicións temporais vase enchendo pouco a pouco cunha nova mostra que inauguraremos en breve. ¿O seu título? “Historia dunhas páxinas zarandeadas”. ¿A súa temática? Dámosvos unha pista: “Non perdamos a perspectiva, eu xa vou farta de dicilo, é o único importante”. ¿Quén se atreve a desentrañar o enigma? Entra no noso facebook ou no noso twitter e danos a túa opinión.

Nueva expo

¡Xa temos vídeo do museo!

¡Habemus video do ‪museo‬! Grazas a Miramemira por este fantástico traballo.
¿Queredes ver cómo é o museo por dentro? ¡Entrade no noso canal de youtube! ¿A que dan ganas de vir a visitarnos? ¡Agardámoste!
E temos en marcha unha enquisa en Twitter a través de @Covardc ¡Cóntanos a túa opinión!

Programación educativa para o curso 2015-2016

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela pon á vosa disposición a súa oferta educativa para este curso que ven de comezar. Esta programación abrangue múltiples actividades lúdicas tanto para docentes coma para escolares, que van dende visitas dinamizadas ó museo ata a realización de obradoiros didácticos, pasando por un asesoramento personalizado e oferta de diversos recursos TIC sobre a figura do premio Nobel galego.
¡Non volo perdades! Ademais, o vindeiro ano será moi especial para nós, xa que se conmemora o centenario do nacemento de Camilo José Cela: 2016 será o noso ano e queremos compartilo convosco. ¡Agardámosvos!

http://camilinojosesino.blogspot.com.es/

II Concurso de micropoemas José García Nieto

¿Qué é poesía? ¿E ti mo preguntas…?

Por segundo ano consecutivo a Fundación José García Nieto, en colaboración coa Fundación Pública Galega Camilo José Cela, convoca o II Concurso de micropoemas José García Nieto. É un bo xeito de fomenta-la creación poética e difundi-la obra do poeta. ¡Non deixes de participar! Deixámosche as bases para que teñas toda a información. http://www.micropoemasfjgn.com

CJC-JGN

Os materiais asturianos do “Diccionario Geográfico popular de España”

Semariu_asturianuÓ igual que se fixera co Instituto da Lingua Galega (ILG) no ano 2008, a Fundación Pública Galega Camilo José Cela asinou un convenio coa Universidade de Oviedo, en concreto co Seminariu de Filoloxía Asturiana, para a dixitalización, tratamento e posta a disposición na Internet das fichas asturianas recopiladas por Camilo José Cela nos anos 70 coa inestimable colaboración dos carteiros da época.  Seguir lendo