Rutas literarias

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela propón converte-las páxinas do escritor padronés nun paseo literario por aqueles lugares que foron testemuño do seu nacemento e da súa vida, lugares que dexou plasmados en moitas das súas obras.

Preséntanse tres rutas literarias a pe:

  • Ruta literaria ‘Camilo José Cela en Padrón nº 1′: Percorrido breve de 790 metros pola parroquia de Iria Flavia. Ver
  • Ruta literaria ‘Camilo José Cela en Padrón nº 2’: Percorrido de dificultade media (4 quilómetros) que discorre por estes mesmos lugares e outros emblemáticos do veciño Padrón. Ver
  • Ruta literaria ‘Camilo José Cela en Padrón nº 3’: Percorrido de 15 quilómetros, para viaxeiros preparados, polas anteriores paraxes e otras próximas como Herbón, Pontecesures e o lugar de Santiaguiño do Monte. Ver

 

Do seu libro de viaxes Del Miño al Bidasoa seleccionamos cinco rutas literarias noutras tantas localidades galegas, con distancias variables en función do texto da obra.

  • Ruta literaria ‘Del Miño al Bidasoa en Padrón’: Percorrido de 3 quilómetros polos escenarios padroneses de Del Miño al Bidasoa. Ver
  • Ruta literaria ‘Del Miño al Bidasoa en Santiago de Compostela’: Roteiro de pouco máis de 2,5 quilómetros pola cidade Patrimonio de la Humanidad. Ver
  • Ruta literaria ‘Del Miño al Bidasoa en Ourense’: Paseo agradable de 1,65 quilómetros por Ourense. Ver
  • Ruta literaria ‘Del Miño al Bidasoa en A Coruña’: Algo máis de 8 quilómetros para desfrutar, a pe de mar, do roteiro coruñés. Ver
  • Ruta literaria ‘Del Miño al Bidasoa en Ribadeo’: Con case 4 quilómetros, derradeiro roteiro do viaxeiro antes de que abandone Galicia. Ver