A exposición “Proxecto Libertas” volve a amplíar a súa estadía no Museo Camilo José Cela ata o 18 de maio

PROXECTO LIBERTAS

Dado o éxito de público e crítica que segue acadando esta exposición entre todo aquel que a visita, a Fundación Pública Camilo José Cela prolonga de novo e ata o mes de maio a mostra “Proxecto Libertas” de Olegario Sampedro.

Esta exposición, promovida pola Fundación Pública Camilo José Cela en colaboración co Centro PEN Galicia, o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira-IMER (centro que recentemente foi galardoado co Premio pola Paz, concedido pola Deputación de A Coruña), o Concello de Padrón e o IES Macías o Namorado, pretende reivindicar os valores democráticos a través da expresión artística.

Neste sentido, Olegario Sampedro, Presidente do IMER e autor das pezas, apunta que estes valores “son un imperativo ético que se constrúe”, e “que a paz se conquista”, lembrando que nos tempos de hoxe se debe traballar no recoñecemento da liberdade de opinión e expresión recollido no Artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

As  pezas de Olegario Sampedro, en homenaxe a escritores e xornalistas como Susana Chaves, Federico García Lorca, Orhan Pamuk, Xosé Luis Méndez Ferrín, Mae Azango ou Liu Xiaobo, atópanse integradas no percorrido do Museo dedicado ao premio Nobel padronés. Poden visitarse en horario de martes a sábado, de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.30 h.

NOTA IMPORTANTE: Durante a Semana Santa o Museo Camilo José Cela abrirá o martes 16, o mércores 17 e o sábado 20 nos seu horario habitual.

V EDICIÓN DO “LETRESEO. A SEMANA DAS LETRAS NO MUSEO”

Folleto Padrón Literario_portada

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela celebra a V edición do Letreseo co que conmemora tres datas fundamentais para a institución: o aniversario do nacemento do escritor (11 de maio), o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Internacional dos Museos (18 de maio).

Para celebrar esta “Semana de las Letras en el Museo” levaranse a cabo varias actividades gratuítas e con entrada libre que se poden consultar no seguinte enlace: PADRÓN LITERARIO

Ademais, desde o venres 11 de maio e ata o sábado 19 de maio (ámbolos dous inclusive) haberá xornada de portas abertas, de xeito que a entrada ao Museo e o servizo de guía serán gratuítos calquera día desa semana (os visitantes disporán do servizo de guía ás 12.00 e ás 17.00 h.).

Soamente se require inscrición previa para a visita teatralizada do día 19 de maio co actor Suso Martínez, no correo electrónico visitas@fundacioncela.com ou no número de teléfono 981-81.24.25.

11 de maio de 2016: Actos do Centenario de Camilo José Cela na Fundación

CJC y su madre_1916

O 11 de maio de 1916 nacía en Iria Flavia Camilo José Cela:

“Ás nove e vinte da noite do día 11 de maio de 1916, xoves, vin a este val de bágoas na casa do paso a nivel de Iria Flavia, concello de Padrón, diócese de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, banda de estribor da ría de Arousa, alá onde se atopan os ríos Sar e Ulla” (A rosa, 1959).

Por mor deste acontecemento, o vindeiro 11 de maio de 2016 a Fundación Pública Galega Camilo José Cela vístese de gala e conmemora unha data tan especial por todo o alto. Os actos que se celebrarán son gratuitos e abertos a tódolos que desexen acompañarnos na nosa rendida homenaxe. Aquí vos deixamos o listado de actividades:

DEBIDO A UN CAMBIO DE AXENDA, HABERÁ UNHA LEVE VARIACIÓN NO HORARIO DOS ACTOS DA MAÑÁ:

ACTOS DA MAÑÁ:

11:30 – Ofrenda floral polas autoridades na tumba do escritor no Cemiterio de Adina (Iria Flavia).

12:00 – Conferencia “Cela no seu centenario”: no Paraninfo da Fundación, por Luis Iglesias Feijoo, padroeiro da institución.

Actos da tarde:

Acto de clausura do Clube de lectura “Anagnósis”2016, Paraninfo da Fundación.
17:00 – Proxección da curtametraxe “Viaje a la Alcarria”, nominado á mellor curtametraxe nos Goya 2016.
17:30 – Charla coloquio con Tomás Cimadevilla, director da curtametraxe .

Actos da noite:

22:30 – Vídeo-proxección sobre a fachada da Igrexa de Santa María de Adina.
(en caso de choiva, poderáse vela vídeo -proxección dende as fiestras e balcóns da Fundación).

Esta vídeo-proxección poderáse ver tamén os días 12 e 13 de maio ás 22:30.

¡Esperámosvos en Iria Flavia!

Obradoiros de Nadal na Fundación

¿Qué vas facer os sábados, 26 de decembro e 2 de xaneiro cos pequenos da casa? Plantexámosvos unha opción: ven á Fundación eses días, de 12.00 a 14.00 h. e imos ofrecervos “Un Nadal moi animado”. Para tódolos nenos de 6 a 12 anos vimos de preparar uns obradoiros de manualidades moi divertidas, co fin de celebrar con todos vos este Nadal. Só é preciso o acompañamento dun adulto e realiza-la inscrición por teléfono (981-81.24.25) ou por correo electrónico (visitas@fundacioncela.com).
¡Esperámosvos! ¡Feliz Nadal!

Cartel

¡Preparando nova exposición!

¡E non paramos! Xa rematou a exposición “O pazo dos dicires escritos”, que tivo tanto éxito que ampliamos a súa duración durante todo o mes de setembro. Pero o noso espazo de exposicións temporais vase enchendo pouco a pouco cunha nova mostra que inauguraremos en breve. ¿O seu título? “Historia dunhas páxinas zarandeadas”. ¿A súa temática? Dámosvos unha pista: “Non perdamos a perspectiva, eu xa vou farta de dicilo, é o único importante”. ¿Quén se atreve a desentrañar o enigma? Entra no noso facebook ou no noso twitter e danos a túa opinión.

Nueva expo

Programación educativa para o curso 2015-2016

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela pon á vosa disposición a súa oferta educativa para este curso que ven de comezar. Esta programación abrangue múltiples actividades lúdicas tanto para docentes coma para escolares, que van dende visitas dinamizadas ó museo ata a realización de obradoiros didácticos, pasando por un asesoramento personalizado e oferta de diversos recursos TIC sobre a figura do premio Nobel galego.
¡Non volo perdades! Ademais, o vindeiro ano será moi especial para nós, xa que se conmemora o centenario do nacemento de Camilo José Cela: 2016 será o noso ano e queremos compartilo convosco. ¡Agardámosvos!

http://camilinojosesino.blogspot.com.es/

Letreseo. Semana das letras no museo

Letreseo2015Aí ven o Letreseo, a semana na que celebramos o aniversario do nacemento de CJC, o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos.


Consulta aquí as actividades que temos programadas para eses días en colaboración co Concello de Padrón e a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Programación para decembro

diciembreXa está lista a programación para decembro: concertos, charlas e mesas redondas para pecha-los actos de conmemoración dos 25 anos da concesión do premio Nobel a CJC, conferencias ó redor do III Centenario da reedificación da Colexiata de Iria Flavia e obradoiros de nadal para familias. Se queres coñecer ó pormenor o que temos preparado para despedi-lo ano, preme aquí.

Programación escolar 2013-2014

Programa_eduUn ano máis a Fundación Pública Galega presenta a súa programación educativa dirixida á comunidade escolar. A proposta inclúe exposicións temporais, visitas temáticas, obradoiros, concursos e outras actividades que teñen como punto de partida da figura do escritor, prestando especial interese á reflexión sobre a linguaxe e a creación literaria, sen esquece-las súas relación coas outras áreas do currículo escolar.

Seguir lendo