Inauguración da exposición “Proxecto Libertas”

proxecto libertas portada

Onte tivo lugar en Iria Flavia a inauguración da exposición “Proxecto Libertas”, unha mostra organizada polo Centro PEN Galicia e o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER), e coa colaboración da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, do Concello de Padrón, do IES Macías o Namorado e da Consellería de Cultura y Turismo.

A exposición, que permanecerá aberta na Fundación ata o vindeiro 2 de marzo en horario de martes a sábados, de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 19.00 h., pretende reivindicar, a través da expresión artística, da obra e da palabra, que “os valores democráticos son un imperativo ético que se constrúe, e que a paz se conquista”, en palabras de Olegario Sampedro, presidente do IMER e autor das obras expostas.

Esta mostra irá acompañada de visitas guiadas polo propio Olegario Sampedro os días 1 y 15 de febreiro e 1 de marzo ás 17.00 h. Por outra parte, tamén conta cunha ampla proposta didáctica organizada polo Centro PEN de Galicia e o IMER, a cal abordará temáticas como a represión nas artes, o machismo e o fomento da diversidade. Esta proposta didáctica está dirixida a alumnos de ESO e Bacharelato e terá lugar tódolos venres de febreiro e o 1 de marzo polas mañás.

Para máis información sobre as visitas guiadas e/ou a proposta guiada, pode pinchar o seguinte enlace: Horarios e tarifas

A exposición “Compañías convenientes” viaxa a Santiago de Compostela

folleto_afundacionDende o 2 de novembro de 2016 e ata o 15 de xaneiro de 2017, na sede de Afundación en Santiago de Compostela, os visitantes poderán ve-la exposición “Compañías convenientes. Diálogos contemporáneos co home poliedro”, mostra que nos acompañou en Iria Flavia durante todo este verán e que se enmarca dentro dos actos do Centenario do nacemento de Camilo José Cela.

A exposición, comisariada por Paula Cabaleiro e coa asistencia de Íñigo Rodríguez, recolle os traballos de doce artistas contemporáneos que renden homenaxe ao escritor de Padrón a través da interacción das súas pezas con algunhas das obras pertencentes ao legado celiano conservado en Iria Flavia.

Tomando como base a definición de Camilo José Cela “Eu creo que o individuo non é xamais un plano, senon un poliedro”, estes artistas achegáronse á colección de Cela a través da fotografía, a pintura, a escultura, o debuxo, o gravado, a instalación e a vídeocreación para ofrecer unha nova ollada sobre o heteroxéneo universo do escritor padronés.

A exposición poderase visitar na sede Afundación, na compostelana Rúa do Vilar, en horario de luns a domingo, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h.

A rebotica da arte

ReboticaInaugurouse a exposición “A rebotica da arte” que poderá verse entre o 14 de febreiro e o 16 de marzo de 2014 no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Nela, e por primeira vez, ponse a disposición do público obras dalgúns dos autores máis representativos da pintura española do s. XX: Picasso, Miró, Zabaleta, Díaz Pardo, Lugrís, Seoane, Granell, Chillida, Tàpies, Úrculo, ós que se suman os cadros do mesmo Cela e outros escritores como García Lorca, Alberti ou Gutiérrez Solana.

Con esta mostra, organizada en colaboración coa institución pontevedresa, a fundación pretende dar a coñecer unha das súas coleccións máis representativas, a pinacoteca, un conxunto de máis de 2.000 obras que abrangue desde o último tercio do s. XIX ata finais do pasado século.