Publicación conmemorativa do centenario de Camilo José Cela

Catálogo_Centenario

Onte presentouse na Cidade de Cultura de Galicia, baixo o título “Camilo José Cela (1916-2016). O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade”, unha compilación de artigos de distintos autores coa que pretendemos ofrecer unha visión global do autor de Iria Flavia tanto no que se refire á súa traxectoria literaria como persoal.

No acto de presentación do libro, o conselleiro de Cultura e Educación e Presidente do Padroado, Román Rodríguez, asegurou que se trata dunha “obra singular”, na que se reúnen diversos puntos de vista sobre aspectos esenciais da vida e obra de Cela que “ilumina o conxunto da súa existencia e o seu desempeño creativo”.

A publicación recolle a visión de especialistas e intelectuais coma Darío Villanueva, César Antonio Molina, Adolfo Sotelo ou Ernesto Sánchez Pombo. Así mesmo inclúe un apéndice relativo á exposición homónima que tivo lugar na Biblioteca Nacional de España e no Museo Centro Gaiás ao longo de 2016 con motivo do centenario do nacemento de Cela co fin de reforzar o coñecemento da súa figura, da súa obra e do seu legado.

A publicación contou co patrocinio e colaboración da Xunta de Galicia, de Acción Cultural Española, da Biblioteca Nacional de España, da Universidade Camilo José Cela e da Universidade de Barcelona. O libro, de carácter non venal, está a disposición dos interesados nos seguintes enlaces, nos que se pode descargar de xeito totalmente gratuíto:

Libraría da Xunta de Galicia:

https://libraria.xunta.gal/gl/camilo-jose-cela-1916-2016-el-centenario-de-un-nobel-un-libro-y-toda-la-soledad

 

Acción Cultural Española:

http://www.accioncultural.es/es/cjc_2016_centenario_nobel_ebook

Advertisements

11 de maio de 2016: Actos do Centenario de Camilo José Cela na Fundación

CJC y su madre_1916

O 11 de maio de 1916 nacía en Iria Flavia Camilo José Cela:

“Ás nove e vinte da noite do día 11 de maio de 1916, xoves, vin a este val de bágoas na casa do paso a nivel de Iria Flavia, concello de Padrón, diócese de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, banda de estribor da ría de Arousa, alá onde se atopan os ríos Sar e Ulla” (A rosa, 1959).

Por mor deste acontecemento, o vindeiro 11 de maio de 2016 a Fundación Pública Galega Camilo José Cela vístese de gala e conmemora unha data tan especial por todo o alto. Os actos que se celebrarán son gratuitos e abertos a tódolos que desexen acompañarnos na nosa rendida homenaxe. Aquí vos deixamos o listado de actividades:

DEBIDO A UN CAMBIO DE AXENDA, HABERÁ UNHA LEVE VARIACIÓN NO HORARIO DOS ACTOS DA MAÑÁ:

ACTOS DA MAÑÁ:

11:30 – Ofrenda floral polas autoridades na tumba do escritor no Cemiterio de Adina (Iria Flavia).

12:00 – Conferencia “Cela no seu centenario”: no Paraninfo da Fundación, por Luis Iglesias Feijoo, padroeiro da institución.

Actos da tarde:

Acto de clausura do Clube de lectura “Anagnósis”2016, Paraninfo da Fundación.
17:00 – Proxección da curtametraxe “Viaje a la Alcarria”, nominado á mellor curtametraxe nos Goya 2016.
17:30 – Charla coloquio con Tomás Cimadevilla, director da curtametraxe .

Actos da noite:

22:30 – Vídeo-proxección sobre a fachada da Igrexa de Santa María de Adina.
(en caso de choiva, poderáse vela vídeo -proxección dende as fiestras e balcóns da Fundación).

Esta vídeo-proxección poderáse ver tamén os días 12 e 13 de maio ás 22:30.

¡Esperámosvos en Iria Flavia!