A exposición “Compañías convenientes” viaxa a Santiago de Compostela

folleto_afundacionDende o 2 de novembro de 2016 e ata o 15 de xaneiro de 2017, na sede de Afundación en Santiago de Compostela, os visitantes poderán ve-la exposición “Compañías convenientes. Diálogos contemporáneos co home poliedro”, mostra que nos acompañou en Iria Flavia durante todo este verán e que se enmarca dentro dos actos do Centenario do nacemento de Camilo José Cela.

A exposición, comisariada por Paula Cabaleiro e coa asistencia de Íñigo Rodríguez, recolle os traballos de doce artistas contemporáneos que renden homenaxe ao escritor de Padrón a través da interacción das súas pezas con algunhas das obras pertencentes ao legado celiano conservado en Iria Flavia.

Tomando como base a definición de Camilo José Cela “Eu creo que o individuo non é xamais un plano, senon un poliedro”, estes artistas achegáronse á colección de Cela a través da fotografía, a pintura, a escultura, o debuxo, o gravado, a instalación e a vídeocreación para ofrecer unha nova ollada sobre o heteroxéneo universo do escritor padronés.

A exposición poderase visitar na sede Afundación, na compostelana Rúa do Vilar, en horario de luns a domingo, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h.

Advertisements

Concurso de micropoemas José García Nieto

ImagenA Fundación José García Nieto, en colaboración coa Fundación Pública Galega Camilo José Cela, convoca o I Concurso de Micropoemas José García Nieto, co fin de fomentar a creación poética e para conmemorar o Centenario do nacemento do poeta, Académico e Premio Cervantes José García Nieto. Este concurso pretende tamén irmandar ambas as dúas Fundacións, constituídas en torno a dous grandes escritores, colaboradores e sobre todo amigos durante máis de cincuenta anos.

Consulta as bases e participa en http://www.micropoemasfjgn.com

Microrrelatos premiados

III_ConcursoXa podes ler os traballos premiados na III edición do noso concurso de microrrelatos en formato  dixital. Os gañadores en categoría infantil foron Paula González Cascales, Emilio Pulido Fraiz, Sergio Belloso Zazo e Mario Borjas Braojos; en xuvenil, Juan Pablo Gómez Loaiza, Lidia Cambón Cancio, Anjali Kristina Mendoza Camacho e Celia Pérez; e en adultos, Tomás Villachica Gayo, José Ángel Casas Barrigón, Carlos Robledo García e Rosalía Macías Tarrio.

Descarga a publicación en PDF, EPub o MobiSeguir lendo

Convocado o III Concurso de Microrrelatos

IIIconcursoA Fundación convoca a terceira edición do Concurso de Microrrelatos, que este ano está dedicado á novela ambientada en Galicia “Mazurca para dous mortos”, pola que o escritor recibiu o Premio Nacional de Literatura no ano 1984.

Para consulta-las bases e participar, visita a web http://microrrelatosfcjc.com/