Padrón Literario 2019

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Padrón, a Fundación Pública Camilo José Cela e a Fundación Rosalía de Castro únense para a celebración de Padrón Literario durante todo o mes de maio.

Actuacións musicais, rutas literarias, obradoiros, etc., en Padrón Literario caben toda unha amalgama de actividades para celebrar un mes especial para as Letras Galegas e tambén para esta Fundación, xa que se conmemora o aniversario do nacemento de Camilo José Cela (11 de maio de 1916), o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Internacional dos Museos coa programación anual do Letreseo, na que o Museo Camilo José Cela abrirá as súas portas de xeito gratuíto (salvo visitas guiadas).

Ademáis, neste ano 2019, a Fundación celebra que, fai 30 años, a Academia Sueca concedeulle a un galego o premio Nobel de Literatura #30AnosNobelCela, motivo polo que comerciantes e hostaleiros da vila participarán coa Fundación en distintas actividades e promocións durante todo Padrón Literario.

Para acceder á programación completa, accede á web http://terrasdeiria.com/eventos/

Letreseo. Semana das letras no museo

Letreseo2015Aí ven o Letreseo, a semana na que celebramos o aniversario do nacemento de CJC, o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos.


Consulta aquí as actividades que temos programadas para eses días en colaboración co Concello de Padrón e a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Letreseo, a semana das letras no museo

letraseo_2014Dende o 12 e o 18 de maio a fundación celebra o Letreseo, a semana das letras no museo, cunha completa programación que incluye xornadas de portas abertas, ampliación de horarios, teatro, visitas comentadas, obradoiros e outras moitas actividades gratuítas para tódolos públicos.

Se queres coñecer a programación completa podes facelo aquí.

Día das Letras Galegas e Día Internacional dos Museos

Roberto Vidal BolañoA Fundación súmase un ano máis á celebración do Día das Letras Galegas -venres 17 de maio- e do Día Internacional dos Museos -sábado 18-. Entre as actividades programadas -todas elas gratuítas e abertas a tódolos públicos- figuran visitas guiadas, un taller de teatro de sombras para gozalo en familia, un roteiro literario pola parroquia de Iria, así como a entrega de premios do II Concurso de Microrrelatos.

  Seguir lendo