“Maxia e ciencia na casa dun premio Nobel ¿de Literatura?” 30 anos da concesión do Nobel a Camilo José Cela

O vindeiro sábado, 19 de outubro, cómprense 30 anos da concesión do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela. Queres celebralo con nós? Temos maxia e ciencia da man de Arenaria Coordinación, S.L.: a entrada é para tódolos públicos e totalmente gratuíta.

Con esta actividade comezamos unha extensa programación con actividades de todo tipo que moi pronto daremos a coñecer, estade atentos!

A exposición “Proxecto Libertas” volve a amplíar a súa estadía no Museo Camilo José Cela ata o 18 de maio

PROXECTO LIBERTAS

Dado o éxito de público e crítica que segue acadando esta exposición entre todo aquel que a visita, a Fundación Pública Camilo José Cela prolonga de novo e ata o mes de maio a mostra “Proxecto Libertas” de Olegario Sampedro.

Esta exposición, promovida pola Fundación Pública Camilo José Cela en colaboración co Centro PEN Galicia, o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira-IMER (centro que recentemente foi galardoado co Premio pola Paz, concedido pola Deputación de A Coruña), o Concello de Padrón e o IES Macías o Namorado, pretende reivindicar os valores democráticos a través da expresión artística.

Neste sentido, Olegario Sampedro, Presidente do IMER e autor das pezas, apunta que estes valores “son un imperativo ético que se constrúe”, e “que a paz se conquista”, lembrando que nos tempos de hoxe se debe traballar no recoñecemento da liberdade de opinión e expresión recollido no Artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

As  pezas de Olegario Sampedro, en homenaxe a escritores e xornalistas como Susana Chaves, Federico García Lorca, Orhan Pamuk, Xosé Luis Méndez Ferrín, Mae Azango ou Liu Xiaobo, atópanse integradas no percorrido do Museo dedicado ao premio Nobel padronés. Poden visitarse en horario de martes a sábado, de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.30 h.

NOTA IMPORTANTE: Durante a Semana Santa o Museo Camilo José Cela abrirá o martes 16, o mércores 17 e o sábado 20 nos seu horario habitual.

Inauguración da exposición “Proxecto Libertas”

proxecto libertas portada

Onte tivo lugar en Iria Flavia a inauguración da exposición “Proxecto Libertas”, unha mostra organizada polo Centro PEN Galicia e o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER), e coa colaboración da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, do Concello de Padrón, do IES Macías o Namorado e da Consellería de Cultura y Turismo.

A exposición, que permanecerá aberta na Fundación ata o vindeiro 2 de marzo en horario de martes a sábados, de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 19.00 h., pretende reivindicar, a través da expresión artística, da obra e da palabra, que “os valores democráticos son un imperativo ético que se constrúe, e que a paz se conquista”, en palabras de Olegario Sampedro, presidente do IMER e autor das obras expostas.

Esta mostra irá acompañada de visitas guiadas polo propio Olegario Sampedro os días 1 y 15 de febreiro e 1 de marzo ás 17.00 h. Por outra parte, tamén conta cunha ampla proposta didáctica organizada polo Centro PEN de Galicia e o IMER, a cal abordará temáticas como a represión nas artes, o machismo e o fomento da diversidade. Esta proposta didáctica está dirixida a alumnos de ESO e Bacharelato e terá lugar tódolos venres de febreiro e o 1 de marzo polas mañás.

Para máis información sobre as visitas guiadas e/ou a proposta guiada, pode pinchar o seguinte enlace: Horarios e tarifas

Reapertura do Museo Camilo José Cela

Na primeira quincena de febreiro a Fundación Pública Galega Camilo José Cela reabrirá as súas portas ao público cun novo discurso museográfico.

O visitante iniciará un percorrido cronolóxico comezando co nacemento do escritor padronés o 11 de maio de 1916 para finalizar co pasamento de Camilo José Cela o 17 de xaneiro de 2002. A través das distintas salas irá coñecendo os fitos máis importantes na vida e na obra do Premio Nobel galego, así coma o inxente legado que doóu a Galicia e que se conserva na sede de Iria Flavia.

Ford T_2018Unha das grandes novidades é a incorporación do Museo Ferrocarrileiro John Trulock na propia Fundación: trátase dunha homenaxe ao avó de Cela e á primeira compañía ferroviaria de Galicia, a The West Galicia Railway Company, que facía o traxecto entre Cornes (Santiago de Compostela) e Carril (Pontevedra).

En breve comunicaremos a data da inauguración, que será aberta a tódolos públicos e completamente gratuíta.

Programación educativa para o curso 2015-2016

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela pon á vosa disposición a súa oferta educativa para este curso que ven de comezar. Esta programación abrangue múltiples actividades lúdicas tanto para docentes coma para escolares, que van dende visitas dinamizadas ó museo ata a realización de obradoiros didácticos, pasando por un asesoramento personalizado e oferta de diversos recursos TIC sobre a figura do premio Nobel galego.
¡Non volo perdades! Ademais, o vindeiro ano será moi especial para nós, xa que se conmemora o centenario do nacemento de Camilo José Cela: 2016 será o noso ano e queremos compartilo convosco. ¡Agardámosvos!

http://camilinojosesino.blogspot.com.es/

Letreseo. Semana das letras no museo

Letreseo2015Aí ven o Letreseo, a semana na que celebramos o aniversario do nacemento de CJC, o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos.


Consulta aquí as actividades que temos programadas para eses días en colaboración co Concello de Padrón e a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Xornada de portas abertas para o profesorado

PuertasO día 24 de outubro, a partires das 17:00 h, terá lugar na sé da Fundación unha xornada de portas abertas para o profesorado e monitores de tempo libre na que se presentará a programación educativa para este curso 2014/2015. Nela os docentes coñecerán de primeira man as nosas visitas dinamizadas e obradoiros, así coma outras actividades dirixidas ó público escolar.

Tamén se presentará o libro multimedia elaborado en colaboración coa Fundación Barrié “Camilo José Cela Trulock: un creador total”. Con esta unidade interactiva -que se enmarca dentro da colección “Más libros, más libres” de Educabarrié e que inclúe recursos específicos para a análise do escritor e dalgunas das súas principais obras- ámbalas dúas entidades pretenden afondar na figura do premio Nobel fomentando o emprego das TIC na aula.

Ese mesmo día inaugurarase a primeira exposición temporal do curso titulada “José García Nieto: Viaje a vela por mi sueño”. Con ela a Fundación súmase ás homenaxes polo centenario do nacemento do poeta, mostrando ó público diversas facetas do tamén premio Cervantes, mantendo coma fío condutor os famosos faladoiros do Café Gijón e sacando á luz parte do seu legado bibliográfico que se conserva en Iria e que foi doado á Fundación polo mesmo autor.

Platero

plateroA Fundación súmase ós actos de conmemoración do centenario da obra Platero y yo, de Juan Ramón Jiménez, coa organización dunha exposición temporal dedicada a este clásico da literatura española que permanecerá aberta ó público na sé de Iria ata o 20 de abril.

Seguir lendo

Taller familiar “Rima con ritmo”

Rima_ritmoComo cada Nadal, a Fundación organiza unha nova actividade gratuita dirixida a familias con nenos de 4 a 12 anos. En Rima con ritmo os máis cativos poderán xogar a ser poetas e construí-lo seu propio instrumento de Nadal con materiais reciclados. O taller terá lugar os días 26 de decembro e 2 de xaneiro ás 12:00 no museo. Os nenos deberán estar acompañados por un adulto. Para poder participar cómpre inscribirse previamente no correo electrónico camilinhojosesinho@gmail.com ou nos teléfonos 981 81 24 25 ou 981 81 03 48.