V concurso de microrrelatos

Continuando cos actos programados para a conmemoración do Centenario do nacemento de Camilo José Cela, a Fundación convoca a V edición do seu concurso internacional de microrrelatos nas categorías de infantil, xuvenil e adultos. Esta edición presenta un carácter especial conmemorativo e por iso rendirase homenaxe ao libro de memorias infantís do escritor A rosa.

Portada

Esta V edición volve a contar co patrocinio de Ámbito Cultural de “El Corte Inglés” quen, por mor desta edición especial, amplía a dotación dos premios en cada categoría. Os traballos premiados serán publicados en edición dixital pola Fundación e o primeiro premio de cada categoría será obsequiado cunnha tableta dixital e unha tarxeta regalo de El Corte Inglés por valor de 300 €.

Todos os microrrelatos deberanse presentar a través da plataforma web do concurso e deberán comezar co arranque do libro de memorias infantís A rosa –na que o escritor narra as súas primeiras vivencias polas terras de Iria, Vilagarcía, A Coruña, Cangas,Tui e Vigo-: “Mi padre se llama como yo, y yo me llamo como mi hijo…”.

¡Animádevos a participar! Será a mellor homenaxe que poda rendirse ao premio Nobel galego.

http://microrrelatosfcjc.com/

 

Advertisements

II Concurso de micropoemas José García Nieto

¿Qué é poesía? ¿E ti mo preguntas…?

Por segundo ano consecutivo a Fundación José García Nieto, en colaboración coa Fundación Pública Galega Camilo José Cela, convoca o II Concurso de micropoemas José García Nieto. É un bo xeito de fomenta-la creación poética e difundi-la obra do poeta. ¡Non deixes de participar! Deixámosche as bases para que teñas toda a información. http://www.micropoemasfjgn.com

CJC-JGN

Gañadores do IV Concurso de Microrrelatos FCJC

IVMicrorrelatosO sábado 16 de maio, no Salón de Ámbito Cultural do Centro Comercial Compostela de Santiago, tivo lugar a entrega de premios do IV Concurso de Microrrelatos da Fundación nas súas categorías de infantil, xuvenil e adultos, e que patrocina “El Corte Inglés”.

Este concurso, co que a entidade padronesa pretende fomentar a creación literaria entre tódolos públicos, rende cada ano homenaxe a unha obra representativa do autor galego, sendo este ano a homenaxeada unha das súas obras populares: Viaje a la Alcarria. Seguir lendo

Microrrelatos premiados

III_ConcursoXa podes ler os traballos premiados na III edición do noso concurso de microrrelatos en formato  dixital. Os gañadores en categoría infantil foron Paula González Cascales, Emilio Pulido Fraiz, Sergio Belloso Zazo e Mario Borjas Braojos; en xuvenil, Juan Pablo Gómez Loaiza, Lidia Cambón Cancio, Anjali Kristina Mendoza Camacho e Celia Pérez; e en adultos, Tomás Villachica Gayo, José Ángel Casas Barrigón, Carlos Robledo García e Rosalía Macías Tarrio.

Descarga a publicación en PDF, EPub o MobiSeguir lendo