Exposición “CJC: 1916-2016. O Centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade”

expo Centenario

Dende o 5 de xullo e ata o 25 de setembro a Biblioteca Nacional de España en Madrid acolle unha nova exposición organizada pola Fundación Pública Galega Camilo José Cela, Acción Cultura Española e a Biblioteca Nacional.

Baixo o título de “CJC:1916-2016. O Centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade”, mais de seiscentas pezas, organizadas  cronolóxicamente seguindo a vida de CJC (1916-2002), amosan ao poliédrico escritor padronés: novelista, articulista, dramaturgo, poeta, académico, editor, pintor, coleccionista, actor, vagabundo… Todas estas personalidades conviven nun espazo que percorre a vida dun dos escritores mais importantes da segunda metade do século XX.

A súa aventura persoal, intelectual, literaria e artística poden observarse dende o manuscrito de A colmena ou a primeira edición de A familia de Pascual Duarte, ata os seus óleos expostos no ano 1947 en Madrid e na Coruña, ou os  seus recoñecimentos, entre os que destacan o premio Nobel, o Cervantes e o Princesa de Asturias. Todo iso sen esquecer o seu Viaxe á Alcarria ou a triloxía de novelas de temática galega: Mazurca para dous mortos, A cruz de San Andrés e Madeira de buxo.

Unna gran mostra que dá conta da enorme personalidade de Camilo José Cela, así coma da súa capacidade de traballo e de todo o legado que deixou en Iria Flavia, para, segundo as súas propias palabras, “devolver a Galicia o moito que Galicia me deu”.

Advertisements

Nova exposición: “Compañías convenientes”

Folleto

Hoxe a Fundación Pública Galega Camilo José Cela presenta unna nueva mostra titulada “Compañías convenientes (diálogos contemporáneos co el home poliedro)”, que conta co comisariado de Paula Cabaleiro e a asistencia de Íñigo Rodríguez.

Na devandita exposición, doce artistas contemporáneos amosan as súas pezas de arte en interacción coas obras que se conservan na sede de Iria Flavia. Trátase dunha interesante síntese entre distintas vertentes creativas: dunha banda, a nómina excepcional de artistas contemporáneos que reinterpretan a súa arte para integrala no discurso museográfico da Fundación; doutra banda, o escritor padronés e o seu legado, que resume os momentos vitais de Camilo José Cela. Xuntos conducirán ao público polas distintas salas da Fundación amosando unha grande diversidade de traballos de arte contemporánea.

Inauguración

A exposición estará abierta ao público dende o 20 de maio ao 24 de setembro, en horario de martes a sábados, de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 19.00 h.

Exposición sobre Cervantes na Fundación

Vense de inaugura unha nova exposición na sede de Iria Flavia: xa está aberta ao público a mostra “Miguel de Cervantes: o roubo do rucio de Sancho”. A Fundación únese, así, aos actos de homenaxe que este ano se lle renden ao escritor universal ao cumplirse o 400 aniversario do seu pasamento, acaecido en 1616.

Nesta exposición pódense contemplar varias edicións de O Quixote pertencentes á colección de Camilo José Cela, algunhas delas editadas no século XVIII; a esta curiosa colección únense edicións facsimilares da gran novela do século XVII, así coma edicións noutras línguas, tal é o galego, o esperanto, o grego ou o italiano, ésta última ilustrada por Salvador Dalí.

Manuscritos dos artigos escritos por Camilo José Cela sobre o Manco de Lepanto ou a súa obra expóñense xunto a discursos de ingreso na Real Acaemia Española ou a revista Papeles de Son Armadans, cun contido que versa sobre o autor de Alcalá de Henares.

E, coma nota de color, algunhas caricaturas de Camilo José Cela caracterizado coma Cervantes ou mesmo coma don Quixote, completan a exposición, mostra inequívoca da gran admiración que o escritor padronés profesaba a Miguel de Cervantes.

A exposición permanecerá aberta ata o mes de abril, en horario de martes a sábados de 10.00 a 14.00 e. de 16.00 a 19.00 h.

Expo_CervantesExpo_Cervantes_viñeta

 

Nova exposición sobre o libro

Palacio_deciresAmpliada ata setembro a mostra “O pazo dos dicires escritos”, que ofrece un interesante percorrido polo universo do libro e a súa evolución ao longo da historia a través das múltiples xoias bibliográficas que se conservan no legado do premio Nobel padronés e que amosan a enorme paixón que sentía Cela pola palabra escrita. Durante os meses de xullo e agosto teredes ata as 20:00 h. para visitala.  Seguir lendo

Amo a palabra

CervantesHoxe inauguramos unha nova exposición temporal conmemorativa do XX aniversario da concesión do premio Cervantes a Camilo José Cela. Titulada “Amo a palabra”, repasa a traxectoria dos 38 galardoados con este premio dende a súa primeira edición en 1976. Todos eles teñen o seu espazo nesta mostra que pretende ser unha homenaxe a aquilo que os une: as letras e a palabra. Seguir lendo

Xornada de portas abertas para o profesorado

PuertasO día 24 de outubro, a partires das 17:00 h, terá lugar na sé da Fundación unha xornada de portas abertas para o profesorado e monitores de tempo libre na que se presentará a programación educativa para este curso 2014/2015. Nela os docentes coñecerán de primeira man as nosas visitas dinamizadas e obradoiros, así coma outras actividades dirixidas ó público escolar.

Tamén se presentará o libro multimedia elaborado en colaboración coa Fundación Barrié “Camilo José Cela Trulock: un creador total”. Con esta unidade interactiva -que se enmarca dentro da colección “Más libros, más libres” de Educabarrié e que inclúe recursos específicos para a análise do escritor e dalgunas das súas principais obras- ámbalas dúas entidades pretenden afondar na figura do premio Nobel fomentando o emprego das TIC na aula.

Ese mesmo día inaugurarase a primeira exposición temporal do curso titulada “José García Nieto: Viaje a vela por mi sueño”. Con ela a Fundación súmase ás homenaxes polo centenario do nacemento do poeta, mostrando ó público diversas facetas do tamén premio Cervantes, mantendo coma fío condutor os famosos faladoiros do Café Gijón e sacando á luz parte do seu legado bibliográfico que se conserva en Iria e que foi doado á Fundación polo mesmo autor.

Metegénesix. A nova arquitectura galega

MetagenesixDurante os meses de xullo e agosto a exposición ‘Metagénesix’, que lle ofrece ao público unha mostra da arquitectura que actualmente se realiza en Galicia. Trátase dunha selección de obras de 10 estudios de arquitectos galegos nados na década dos 70, que presentan unha concepción e aproximación á arquitectura capaz de dar resposta aos retos actuais da arquitectura global, a partir de trazos específicos locais propios do seu territorio e da súa cultura: tradición construtiva, recursos materiais, valores etc.

Para máis información, visita o blog da mostra.

Platero

plateroA Fundación súmase ós actos de conmemoración do centenario da obra Platero y yo, de Juan Ramón Jiménez, coa organización dunha exposición temporal dedicada a este clásico da literatura española que permanecerá aberta ó público na sé de Iria ata o 20 de abril.

Seguir lendo

A rebotica da arte

ReboticaInaugurouse a exposición “A rebotica da arte” que poderá verse entre o 14 de febreiro e o 16 de marzo de 2014 no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Nela, e por primeira vez, ponse a disposición do público obras dalgúns dos autores máis representativos da pintura española do s. XX: Picasso, Miró, Zabaleta, Díaz Pardo, Lugrís, Seoane, Granell, Chillida, Tàpies, Úrculo, ós que se suman os cadros do mesmo Cela e outros escritores como García Lorca, Alberti ou Gutiérrez Solana.

Con esta mostra, organizada en colaboración coa institución pontevedresa, a fundación pretende dar a coñecer unha das súas coleccións máis representativas, a pinacoteca, un conxunto de máis de 2.000 obras que abrangue desde o último tercio do s. XIX ata finais do pasado século.