A exposición “Compañías convenientes” viaxa a Santiago de Compostela

folleto_afundacionDende o 2 de novembro de 2016 e ata o 15 de xaneiro de 2017, na sede de Afundación en Santiago de Compostela, os visitantes poderán ve-la exposición “Compañías convenientes. Diálogos contemporáneos co home poliedro”, mostra que nos acompañou en Iria Flavia durante todo este verán e que se enmarca dentro dos actos do Centenario do nacemento de Camilo José Cela.

A exposición, comisariada por Paula Cabaleiro e coa asistencia de Íñigo Rodríguez, recolle os traballos de doce artistas contemporáneos que renden homenaxe ao escritor de Padrón a través da interacción das súas pezas con algunhas das obras pertencentes ao legado celiano conservado en Iria Flavia.

Tomando como base a definición de Camilo José Cela “Eu creo que o individuo non é xamais un plano, senon un poliedro”, estes artistas achegáronse á colección de Cela a través da fotografía, a pintura, a escultura, o debuxo, o gravado, a instalación e a vídeocreación para ofrecer unha nova ollada sobre o heteroxéneo universo do escritor padronés.

A exposición poderase visitar na sede Afundación, na compostelana Rúa do Vilar, en horario de luns a domingo, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h.

Advertisements

“A Ría de Vigo en imaxes” tamén en setembro

Ria_Vigo_septAta finais deste mes de setembro permanecerá aberta a exposición de fotografías do artista padronés Germán Cruces Rajoán. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións temporais da sede da Fundación en horario de mañá luns a venres de 10:00 a 14:00 h.  Seguir lendo

A Ría de Vigo en imaxes

Ria_VigoA sala de exposicións temporais da Fundación acolle este verán unha nova mostra “A Ría de Vigo en imaxes”, organizada xunto o Concello de Padrón e en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A exposición recolle fotografías da Ría de Vigo realizadas polo artista padronés Germán Cruces Rajoán xunto a diversas referencias de Camilo José Cela e os seus vínculos coa cidade olívica. A mostra poderase visitar ata o 31 de agosto, de luns a venres, de 10:00 a 21:00 h.  Seguir lendo