Obradoiros de Nadal na Fundación

¿Qué vas facer os sábados, 26 de decembro e 2 de xaneiro cos pequenos da casa? Plantexámosvos unha opción: ven á Fundación eses días, de 12.00 a 14.00 h. e imos ofrecervos “Un Nadal moi animado”. Para tódolos nenos de 6 a 12 anos vimos de preparar uns obradoiros de manualidades moi divertidas, co fin de celebrar con todos vos este Nadal. Só é preciso o acompañamento dun adulto e realiza-la inscrición por teléfono (981-81.24.25) ou por correo electrónico (visitas@fundacioncela.com).
¡Esperámosvos! ¡Feliz Nadal!

Cartel

As barbas da Academia

RAEA Fundación celebra o tricentenario da Real Academia Española cunha nova exposición temporal na súa sede de Iria. A mostra, titulada “Unas barbas en la Academia. La RAE en el legado de Camilo José Cela” estará aberta ó público ata xaneiro de 2014.

Ademáis colabora na exposición conmemorativa dos trescentos anos da RAE organizada por Acción Cultural Española e a propia Real Academia Española “La lengua y la palabra”, que se está a desenvolver na Biblioteca Nacional de España ata o vindeiro 26 de xaneiro de 2014. Seguir lendo

Programación escolar 2013-2014

Programa_eduUn ano máis a Fundación Pública Galega presenta a súa programación educativa dirixida á comunidade escolar. A proposta inclúe exposicións temporais, visitas temáticas, obradoiros, concursos e outras actividades que teñen como punto de partida da figura do escritor, prestando especial interese á reflexión sobre a linguaxe e a creación literaria, sen esquece-las súas relación coas outras áreas do currículo escolar.

Seguir lendo