Publicación conmemorativa do centenario de Camilo José Cela

Catálogo_Centenario

Onte presentouse na Cidade de Cultura de Galicia, baixo o título “Camilo José Cela (1916-2016). O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade”, unha compilación de artigos de distintos autores coa que pretendemos ofrecer unha visión global do autor de Iria Flavia tanto no que se refire á súa traxectoria literaria como persoal.

No acto de presentación do libro, o conselleiro de Cultura e Educación e Presidente do Padroado, Román Rodríguez, asegurou que se trata dunha “obra singular”, na que se reúnen diversos puntos de vista sobre aspectos esenciais da vida e obra de Cela que “ilumina o conxunto da súa existencia e o seu desempeño creativo”.

A publicación recolle a visión de especialistas e intelectuais coma Darío Villanueva, César Antonio Molina, Adolfo Sotelo ou Ernesto Sánchez Pombo. Así mesmo inclúe un apéndice relativo á exposición homónima que tivo lugar na Biblioteca Nacional de España e no Museo Centro Gaiás ao longo de 2016 con motivo do centenario do nacemento de Cela co fin de reforzar o coñecemento da súa figura, da súa obra e do seu legado.

A publicación contou co patrocinio e colaboración da Xunta de Galicia, de Acción Cultural Española, da Biblioteca Nacional de España, da Universidade Camilo José Cela e da Universidade de Barcelona. O libro, de carácter non venal, está a disposición dos interesados nos seguintes enlaces, nos que se pode descargar de xeito totalmente gratuíto:

Libraría da Xunta de Galicia:

https://libraria.xunta.gal/gl/camilo-jose-cela-1916-2016-el-centenario-de-un-nobel-un-libro-y-toda-la-soledad

 

Acción Cultural Española:

http://www.accioncultural.es/es/cjc_2016_centenario_nobel_ebook

Advertisements

Premios do II Concurso de microrrelatos

Entrega premiosO sábado 18 de maio entregáronse os premios da II edición do concurso de microrrelatos. Os gañadores en categoría infantil foron Alejandra Riveiro Delgado, Javier González Feria e Andrea Intriago Lemos; en xuvenil, Elba García Penas, Ramón Maceiras Castillo e Álvaro Viejo Cano; e en adultos, María Almudena Cortés Cortés, Alberto Arroba Malpica e Ana Valenciano Alarilla.

Seguir lendo