Exposición “CJC: 1916-2016. O Centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade”

expo Centenario

Dende o 5 de xullo e ata o 25 de setembro a Biblioteca Nacional de España en Madrid acolle unha nova exposición organizada pola Fundación Pública Galega Camilo José Cela, Acción Cultura Española e a Biblioteca Nacional.

Baixo o título de “CJC:1916-2016. O Centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade”, mais de seiscentas pezas, organizadas  cronolóxicamente seguindo a vida de CJC (1916-2002), amosan ao poliédrico escritor padronés: novelista, articulista, dramaturgo, poeta, académico, editor, pintor, coleccionista, actor, vagabundo… Todas estas personalidades conviven nun espazo que percorre a vida dun dos escritores mais importantes da segunda metade do século XX.

A súa aventura persoal, intelectual, literaria e artística poden observarse dende o manuscrito de A colmena ou a primeira edición de A familia de Pascual Duarte, ata os seus óleos expostos no ano 1947 en Madrid e na Coruña, ou os  seus recoñecimentos, entre os que destacan o premio Nobel, o Cervantes e o Princesa de Asturias. Todo iso sen esquecer o seu Viaxe á Alcarria ou a triloxía de novelas de temática galega: Mazurca para dous mortos, A cruz de San Andrés e Madeira de buxo.

Unna gran mostra que dá conta da enorme personalidade de Camilo José Cela, así coma da súa capacidade de traballo e de todo o legado que deixou en Iria Flavia, para, segundo as súas propias palabras, “devolver a Galicia o moito que Galicia me deu”.

Nova exposición: “Compañías convenientes”

Folleto

Hoxe a Fundación Pública Galega Camilo José Cela presenta unna nueva mostra titulada “Compañías convenientes (diálogos contemporáneos co el home poliedro)”, que conta co comisariado de Paula Cabaleiro e a asistencia de Íñigo Rodríguez.

Na devandita exposición, doce artistas contemporáneos amosan as súas pezas de arte en interacción coas obras que se conservan na sede de Iria Flavia. Trátase dunha interesante síntese entre distintas vertentes creativas: dunha banda, a nómina excepcional de artistas contemporáneos que reinterpretan a súa arte para integrala no discurso museográfico da Fundación; doutra banda, o escritor padronés e o seu legado, que resume os momentos vitais de Camilo José Cela. Xuntos conducirán ao público polas distintas salas da Fundación amosando unha grande diversidade de traballos de arte contemporánea.

Inauguración

A exposición estará abierta ao público dende o 20 de maio ao 24 de setembro, en horario de martes a sábados, de 10.00 a 14.00 y de 16.00 a 19.00 h.

11 de maio de 2016: Actos do Centenario de Camilo José Cela na Fundación

CJC y su madre_1916

O 11 de maio de 1916 nacía en Iria Flavia Camilo José Cela:

“Ás nove e vinte da noite do día 11 de maio de 1916, xoves, vin a este val de bágoas na casa do paso a nivel de Iria Flavia, concello de Padrón, diócese de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, banda de estribor da ría de Arousa, alá onde se atopan os ríos Sar e Ulla” (A rosa, 1959).

Por mor deste acontecemento, o vindeiro 11 de maio de 2016 a Fundación Pública Galega Camilo José Cela vístese de gala e conmemora unha data tan especial por todo o alto. Os actos que se celebrarán son gratuitos e abertos a tódolos que desexen acompañarnos na nosa rendida homenaxe. Aquí vos deixamos o listado de actividades:

DEBIDO A UN CAMBIO DE AXENDA, HABERÁ UNHA LEVE VARIACIÓN NO HORARIO DOS ACTOS DA MAÑÁ:

ACTOS DA MAÑÁ:

11:30 – Ofrenda floral polas autoridades na tumba do escritor no Cemiterio de Adina (Iria Flavia).

12:00 – Conferencia “Cela no seu centenario”: no Paraninfo da Fundación, por Luis Iglesias Feijoo, padroeiro da institución.

Actos da tarde:

Acto de clausura do Clube de lectura “Anagnósis”2016, Paraninfo da Fundación.
17:00 – Proxección da curtametraxe “Viaje a la Alcarria”, nominado á mellor curtametraxe nos Goya 2016.
17:30 – Charla coloquio con Tomás Cimadevilla, director da curtametraxe .

Actos da noite:

22:30 – Vídeo-proxección sobre a fachada da Igrexa de Santa María de Adina.
(en caso de choiva, poderáse vela vídeo -proxección dende as fiestras e balcóns da Fundación).

Esta vídeo-proxección poderáse ver tamén os días 12 e 13 de maio ás 22:30.

¡Esperámosvos en Iria Flavia!

“A Ría de Vigo en imaxes” tamén en setembro

Ria_Vigo_septAta finais deste mes de setembro permanecerá aberta a exposición de fotografías do artista padronés Germán Cruces Rajoán. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións temporais da sede da Fundación en horario de mañá luns a venres de 10:00 a 14:00 h.  Seguir lendo

A Ría de Vigo en imaxes

Ria_VigoA sala de exposicións temporais da Fundación acolle este verán unha nova mostra “A Ría de Vigo en imaxes”, organizada xunto o Concello de Padrón e en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A exposición recolle fotografías da Ría de Vigo realizadas polo artista padronés Germán Cruces Rajoán xunto a diversas referencias de Camilo José Cela e os seus vínculos coa cidade olívica. A mostra poderase visitar ata o 31 de agosto, de luns a venres, de 10:00 a 21:00 h.  Seguir lendo

Semana das letras no museo

cartel_letreseo_gzA Fundación Pública Galega Camilo José Cela quere celebrar entre o 13 e o 18 de maio de 2013 unha semana adicada ás letras co fin de conmemorar o aniversario do nacemento do escritor padronés (11 de maio), o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Internacional dos museos (18 de maio).

Seguir lendo