A media hora de camiño desde Santiago de Compostela por estrada, autoestrada ou tren, a Fundación Pública Galega Camilo José Cela –situada no enclave artístico-histórico de Iria Flavia conformado polas Casas dos Cóengos e a Colexiata de Santa María de Adina– pódese visitar en pouco máis dunha hora tódalas mañás e tardes de martes a sábado.