Entorno

Iria Flavia está situada nun territorio xeneroso en cultura e tradición, abundante en patrimonio e rico en  paisaxes naturais e gastronomía.

Terra de escritores 

Outros escritores como Macías O Namorado e Xohan Rodríguez da Cámara ou de Padrón escribiron aquí os seus versos na Idade Media. A poetisa Rosalía de Castro vivíu na casa da Matanza, onde está a súa casa-museo, e outros escritores menos coñecidos como Manuel Barros e Nicasio Pajares tamén naceron e viviron en Padrón.

Lugar de tradición xacobea 

Conta a tradición que aquí predicou o Apóstolo Santiago o Maior no lugar de Santiaguiño do Monte e que, á súa morte, os seus discípulos trouxérono de novo a esta terra nuna barca de piedra que foi atada a outra piedra –o “Pedrón”. Segundo esta lenda xacobea, o “Pedrón” é a pedra que se conserva hoxe na igrexa de Santiago en Padrón.

Outros lugares de interese 

Na vila de Padrón podemos atopar outros lugares de grande interese cultural e profundas raíces históricas: o paseo do Espolón -bordeando a canle do río Sar e onde se ubican os monumentos dedicados a Rosalía de Castro e Camilo José Cela-, a ponte de Santiago, o convento do Carme. Á outra beira do río, a fonte do Carme e o viacrucis que sobe ata la ermida de Santiaguiño do Monte.

Tamén é rico Padrón en casas señoriais coma os pazos do Bispo de Quito ou o de  Arretén, ou prazas, como a de Macías.

Tres exemplos de arquitectura relixiosa son lugares de visita obrigada: o mosteiro franciscano de San  Antonio de Herbón, orixinario do século XIV, o santuario da Escravitude e a igrexa de Santiago.

Gastronomía

Entre os produtos gastronómicos sobresaen de xeito especial nesta bisbarra o famosos pementos, introducido desde América polos monxes franciscanos de Herbón no século XVII, e a lamprea, capturada entre os meses de febreiro e maio de forma tradicional nas “pesqueiras” orixinarias da época romana.

Vale a pena achegarse ó mercado dominical de Padrón para comproba-la riqueza gastronómica dunha bisbarra rica e xenerosa para os amantes da boa mesa e a tradición culinaria.

Para máis información consulta a páxina de Turismo de Padrón